O alcalde participou esta mañá no Real Club Náutico na presentación do Campionato europeo clase J70 que se celebrará en Vigo en xuño de 2018. Durante a súa intervención, Caballero eloxiou a decisión de escoller esta cidade como sede desta competición dado que, unha vez máis, colocará a Vigo no centro do deporte internacional. Resaltou a “ilusión” e a “satisfacción por confluír” de todas as administracións e entidades que traballaron para sacar adiante este proxecto.
Esta competición é, sen dúbida, unha das grandes novas para o deporte da vela española, un logro xestionado tras dous anos de traballo no que Vigo será sede da cuarta edición desta cita intercontinental, sumándose ás celebradas en Mónaco, en 2015; en Kiel -Alemania-, en 2016; y Southampton, Gran Bretaña, en 2017.
Tendo como referencia a última cita alemá, na que participaron 97 embarcacións de 16 países, Vigo podería albergar a preto de 500 regatistas chegados desde os cinco continentes, xa que a competición continental se disputará en formato OPEN.
O alcalde estivo acompañado na presentación pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o secretario de Estado para o Deporte, José Ramón Lete, entre outras autoridades, ademais dos responsables do Real Club Náutico e da Asociación Española de Armadores Clase J70.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.