O rexedor eloxia a imaxe de Cíes e Vigo que loce a Estación Sur de Madrid

“É impresionante”, apuntou, tras visitar a decoración con imaxes das Illas Cíes no espazo de 120-130 metros que comunica a terminal de autobuses coas de metro e cercanías, polo que pasan cada ano 25 millóns de persoas.
Publicado por o día 29/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor eloxia a imaxe de Cíes e Vigo que loce a Estación Sur de Madrid

Abel Caballero apuntou que esta acción trata de “neutralizar o impacto negativo da actuación da Xunta sobre Cíes e Vigo” mentres a posición do Concello é a contraria “queremos amosar a imaxe real das Illas Cíes e de Vigo, a que se ve en Madrid” e puxo en valor a importante presenza da cidade olívica neste espazo da capital de España.

A decoración do túnel que comunica a Estación Sur de Madrid de autobuses coa de metro e cercanías é “impresionante” en palabras do alcalde. Esténdese ao longo dos 120-130 metros do espazo e está rotulado con “fotos inmensas” das Illas Cíes.

Segundo apuntou a estación recibe 5 millóns de viaxeiros anuais, sendo a única terminal de autobuses de Madrid, e a conexión con metro e tren supón que circulen polo espazo 25 millóns de persoas cada ano chegados de toda España, polo que agradeceu ao Grupo Avanza a iniciativa que realizan de forma gratuíta.