O rexedor eloxia a tecnoloxía “excepcional” que Siemens amosa en Vigo no tour “Crear lugares perfectos”

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación achegáronse hoxe luns ás ultimas novidades tecnolóxicas aplicadas á seguridade, mobilidade, redes enerxéticas ou edificacións intelixentes. Vigo é unha das 13 cidades españolas que compañía Siemens visita coa súa smartcity hub itinerante coa que estarán todo o día de hoxe na rúa Príncipe co obxectivo de explicar como avanzar na implementación das solucións máis eficientes e sostibles nas cidades.
Por o 06/11/2017 | Sección: Deputación de Pontevedra,Empresas,Galicia,Vigo
O rexedor eloxia a tecnoloxía “excepcional” que Siemens amosa en Vigo no tour “Crear lugares perfectos”

Abel Caballero e Carmela Silva visitaron a smartcity hub itinerante que, da man de Siemens, estará todo o día de hoxe, luns, na rúa Príncipe. Logo de percorrer unha mostra coas solucións tecnolóxicas máis innovadoras, Caballero felicitou aos promotores do tour “Crear lugares perfectos” avanzando que o Concello de Vigo xa está comprometida con aspectos como o aforro enerxético ou a redución da contaminación. Explicou que esta iniciativa de Siemens está a aplicar “tecnoloxía excepcional” en ámbitos da prevención, da seguridade e do aforro, con novidosas iniciativas que xa se están implementando en Vigo ou que estarán funcionando nun futuro próximo.

Vigo é unha das trece cidades que está a percorrer o tour “Crear lugares perfectos”, ata o 9 de novembro. Esta smartcity hub itinerante é unha completa exposición de tecnoloxías e demostracións prácticas en varios campos que, baixo a explicación de expertos da compañía, amosan como funcionan as solucións dixitais xa existentes para actuar en ámbitos como a redución da contaminación, a mellora da mobilidade urbana, a construción intelixente de edificios, o control de accesos, a vídeo vixilancia, a xestión do tráfico; a construción de redes eléctricas eficientes ou o control e a seguridade de infraestruturas críticas, entre outras.