O rexedor eloxia a traxectoria do judoka Álvarez Fariña

Por o 02/01/2017 | Sección: Concello de Vigo,Deportes,Vigo
O rexedor eloxia a traxectoria do judoka Álvarez Fariña
Compartir en:

Abel Caballero recibiu este luns a Javier Álvarez Fariña, a quen felicitou por terse proclamado recentemente gañador da Copa de España de Judo na categoría de menos de 90 quilos e sinalou a “grande importancia deportiva” deste galardón que sitúa o “judo de Vigo nos máis altos niveis de España”.

Acto seguido, Caballero salientou o alto nivel do taekwondo vigués

O rexedor tamén mantivo un encontro con varios deportistas do Ximnasio Escola Tao de Vigo a quen lles deu os parabéns polos éxitos acadados ao longo da temporada 2016, con varias medallas no Mundial, nas diferentes categorías da especialidade de taekwondo e referiuse ao “altísimo nivel” que está vivindo o judo, o taekwondo e as artes marciais na cidade.