O rexedor felicita aos gañadores do concurso de postais de Vitrasa

Publicado por o día 04/01/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor felicita aos gañadores do concurso de postais de Vitrasa

Abel Caballero entregou este xoves os premios da décimo segunda edición deste certame no que participaron 400 nenas e nenos de centros de educación primaria de Vigo. As creacións seleccionadas servirán para ilustrar as postais de Nadal da empresa e quedarán plasmadas nun vinilo no interior de tres autobuses urbanos para que poidan admiralas todos os usuarios.