O rexedor insiste na importancia de cumprir as normas de seguridade ao viaxar en transporte público

O Concello e a empresa concesionaria do transporte público de Vigo están a desenvolver unha nova edición da campaña de prevención e asistencia aos viaxeiros. Co reparto de máis de 4.000 folletos informativos e os consellos de dous monitores, o obxectivo é concienciar aos usuarios da necesidade de viaxar correctamente no bus.
Publicado por o día 16/01/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor insiste na importancia de cumprir as normas de seguridade ao viaxar en transporte público

O rexedor participou esta mañá na presentación do balance da quinta edición da campaña “Prevención, asistencia e axuda aos viaxeiros” cunha exhibición práctica organizada na marquesiña da Praza do Rei. Na súa opinión, este tipo de iniciativas contribúen a reducir a incidentabilidade no transporte público.

Desde o pasado 20 de decembro, estanse a repartir 4.000 folletos informativos e dous monitores están asistindo aos usuarios do transporte público nos seus percorridos en autobús urbano co obxectivo de orientalos sobre os riscos aos que se expoñen sen non cumpren coas medidas de seguridade establecidas.

Nesta quinta edición da campaña, estase facendo especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que nesta época do ano son sobre todo as do centro: C1, C2, C3, L5A y L5B. Os monitores facilitan información en horario de mañá e de tarde e aconsellan a todos os viaxeiros pero, especialmente, ás persoas de maior idade, ás de mobilidade reducida e ás que viaxan con nenos ou carriños de bebé. Como novidade este ano, nas pantallas que hai instaladas nos buses proxectaranse ao longo de todo o ano consellos para viaxar con seguridade.

Una respuesta para "O rexedor insiste na importancia de cumprir as normas de seguridade ao viaxar en transporte público"

  1. Bea   19/01/2018 at 15:38

    Yo estoy de acuerdo con respetar normas de seguridad, pero hay muy poca información de normas de uso. Mi caso es madre primeriza, nadie me explica cómo viajar con el carro, como subir y bajar, etc. Este desconocimiento me ocasionó un accidente cuando me baje del autobús, me caí encima del carro, yo necesite asistencia, pero gracias a Dios a mi bebe no Le paso nada. Yo con esto quiero dar a conocer lo que me pasó a mi para que no vuelva a ocurrir.