O rexedor insta á Xunta a tomar medidas para mitigar a seca en Vigo

Caballero transmitiulle ao goberno autonómico a súa preocupación pola escaseza de auga e criticou a súa “inactividade total que pode ter gravísimas consecuencias” na cidade. Demandou con urxencia a construción do azud e a rebaixa do caudal ecolóxico de Eiras.
Publicado por o día 18/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

O rexedor insta á Xunta a tomar medidas para mitigar a seca en Vigo

O alcalde apuntou este venres que as medidas de aforro de auga non serán suficientes se non chove e “temos que poñernos nesa hipótese”, malia que Vigo xa reduciu un 10% o consumo adoptando diferentes medidas. Considera que as administracións públicas deben iniciar os mecanismos que garantan o abastecemento á poboación, tal e como fixo o Concello, e amosou a súa preocupación pola seca que se ve incrementada pola “inactividade total da Xunta de Galicia” que non toma medidas que mitiguen a seca en Vigo, nunha “conduta neglixente que pode ter gravísimas consecuencias na cidade”.

Segundo explicou, xa lle trasladou ao goberno autonómico a súa alarma pola situación actual e a necesidade imprescindible de que tomen dúas decisións que lle corresponden: a redución del caudal ecolóxico e a construción dun azud entre o río Verdugo e o Oitavén.

A redución do caudal foi solicitada polo Concello 18 de outubro a Aguas de Galicia para pasar no embalse de Eiras a 150 litros por segundo e no de Zamáns a 5 l/seg, ao que respondeu “24 días despois” dicindo que se vertan 595 litros por segundo. “Dinnos que desperdiciemos 445 litros por segundo, cando en Vigo se consumen 1.000 litros por segundo. Desperdiciamos o 50% do consumo vigués. Acábase a auga e temos que tomar medidas”. Amais, Caballero sinalou que no ano 2011, en situación de seca, o Concello pediu á Xunta de Galicia a redución do caudal a 150 l/seg e concedeuno, mentres hoxe, “en situación moito peor dinnos que tiremos ao río case a metade do que consumimos nun día”.

Sobre a construción do azud, Augas de Galicia aceptar manter unha reunión á que o rexedor non lle dá prazo máis alá do luns “porque temos que tomar decisións en días e levamos un mes pedíndoo”. Considera imprescindible construílo con dúas posibles formas: desde o río Verdugo ao encoro de Eiras, cun custo de 21 millóns, e a segunda, desde o Oitavén ao Verdugo, unha proposta de 4 millóns de euros realizada pola Xunta en 2011.

O rexedor di non entender a “acción neglixente” da Xunta que empeza a sinalar ao consumo industrial cando as fábricas de Vigo levan “dez anos aforrando e moito tempo pedindo pozos propios, é unha industria responsable”. E engadiu que a xestión da agua na cidade é “impecable” con anos tomando medidas a través do control activo de fugas, da xestión de presións, xestión de infraestruturas, rapidez e calidade das reparacións de fugas, amais das renovacións das redes de saneamento e abastecemento coas humanizacións.