O rexedor manifesta a súa “especial satisfacción” pola boa marcha do aeroporto

Caballero manifestou que a terminal “voa ben” con oito destinos internacionais en 2017
Publicado por o día 08/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O rexedor manifesta a súa “especial satisfacción” pola boa marcha do aeroporto

Tras a presentación realizada por Ryanair da conexión con Edimburgo, que estrea o próximo ano dende Vigo, cunha oferta de 24.600 prazas entre marzo e outubro, Caballero manifestou que a terminal “voa ben” con oito destinos internacionais en 2017.

O alcalde referiuse este xoves á presentación realizada nas últimas horas pola compañía irlandesa Ryanair que deu a coñecer o voo Vigo-Edimburgo, que comezará a operar no mes de marzo e ata outubro de 2017 cunha oferta de 24.600 prazas e dúas frecuencias semanais que conectarán a cidade olívica coa capital escocesa.

Caballero mencionou a “especial satisfacción” que lle produce ao seu goberno a evolución positiva da actividade do aeroporto vigués co incremento de destinos e de prazas este ano e de cara ao próximo. Así sinalou que Vigo estará conectada por avión con oito destinos internacionais: Dublín, Milán, Boloña e Edimburgo, operados por Ryanair; Londres, Roma e Bruxelas que xestiona Air Nostrum e Lisboa, operado pola TAP, engadindo a posibilidades de que Lufthansa e Air France estuden un novo vo.