O rexedor pon en valor o papel das PEMES nun encontro profesional organizado no MARCO

Publicado por o día 09/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Empresas,Vigo

O rexedor pon en valor o papel das PEMES nun encontro profesional organizado no MARCO

O alcalde asistiu esta mañá á xornada organizada polo movemento “Impulsando PEMES”, que se celebrou no MARCO de Vigo, na que eloxiou ás empresas e start ups viguesas que desenvolven con éxito os seus proxectos nun mercado moi competitivo.

No encontro, directivos de grandes compañías trasladan a súa experiencia de éxito aos participantes amosándolles as claves para impulsar e mellorar o seu negocio.