O rexedor sitúa á Festa do Marisco como mellor lugar de encontro da cidade estes días

Publicado por o día 07/09/2017 na sección de Alimentación,Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

O rexedor sitúa á Festa do Marisco como mellor lugar de encontro da cidade estes días

Caballero participou este xoves na inauguración da XV Festa do Marisco de Vigo, VigoMar 2017, no Porto Pesqueiro onde dende hoxe e ata o domingo se poderá degustar este manxar da nosa gastronomía a prezos populares.

O alcalde salientou a importancia do sector pesqueiro na economía da cidade e puxo en valor o traballo da xente do mar, ao tempo que animou á cidadanía a participar da festa.