O rexedor súmase á ruta de Carlos Casares que percorre os espazos do escritor en Vigo

O roteiro é unha “forma de rememorar a obra cultural e literaria do autor” ao reparar nos espazos significados da súa vida e obra. Promovido polo IES Carlos Casares e a Fundación, conta coa colaboración do Concello.
Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor súmase á ruta de Carlos Casares que percorre os espazos do escritor en Vigo

O roteiro é unha “forma de rememorar a obra cultural e literaria do autor” ao reparar nos espazos significados da súa vida e obra. Promovido polo IES Carlos Casares e a Fundación, conta coa colaboración do Concello. 

Abel Caballero participou este xoves xunto a estudantes nun dos percorridos do Roteiro Carlos Casares, posto en marcha na cidade, co fin de artellar un paseo literario polos espazos e edificios con importancia e significado na vida do escritor.

Posto en marcha polo IES Carlos Casares e a Fundación Carlos Casares, para o rexedor esta proposta é unha “forma de rememorar a súa obra literaria e cultural” a través das placas con códigos QR que instalou o Concello e que ofrecen información sobre os edificios onde transcorreu unha parte da vida e da obra de Carlos Casares. “É un xeito de facer a armazón dunha etapa de creación cultural tan importante na cidade de Vigo”, engadiu.

O punto de partida da ruta sitúase na antiga sede da editorial Galaxia, que dirixiu desde 1985 ata a súa morte no ano 2002, e pasa tamén pola Cafetería Vitruvia, o Café Goya, a Fundación Penzol, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Verne e Hemingway, o Instituto San Tomé de Freixeiro e remata na Fundación Carlos Casares.

Semáforo IES Carlos Casares

O alcalde informou tamén da instalación dun semáforo na subida ao IES Carlos Casares, unha antiga demanda trasladada ao Concello e sobre a que existían dúbidas no referente á titularidade da estrada para poder realizar a obra. Segundo explicou, malia que a responsabilidade non era do Concello, este solicitou ás demais administracións que lle permitiran facer a obra que está practicamente rematada nestes momentos. O semáforo regulará o cruce da estrada de subida á universidade, ao carón do centro, que é empregado polo alumnado e profesorado, que así verá mellorada a seguridade no tránsito diario nesa zona.