Rexistrouse un accidente con tres vehículos implicados na A-55 en Mos

Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Galicia,Mos,Sucesos

Rexistrouse un accidente con tres vehículos implicados na A-55 en Mos

Pasadas as oito desta mañá, rexistrouse un accidente con tres vehículos implicados na A-55, ao paso polo concello de Mos. Como consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foi un dos condutores implicados no sinistro quen se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta do sucedido. Deseguido, informouse ao servizo local de emerxencias, 061-Urxencias Sanitarias e tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico debido á retención de vehículos na zona.