Rexorde un 15M convertido en 22O contra os lumes en Galicia con gran presenza en Vigo

Miles de persoas participaron na concentración que se celebrou a pasada mañá en Vigo
Por o 23/10/2017 | Sección: Galicia,Protestas,Vigo
Rexorde un 15M convertido en 22O contra os lumes en Galicia con gran presenza en Vigo

No día de onte, na explanada das avenidas, a un costado do centro comercial A Laxe, ás 12:30 horas, un milleiro de persoas déronse concentración ao mais estilo do espíritu do 15M, nesta ocasión, nunha a concentración baixo o lema “Sen Bandeiras, Sen cores! Unidos polo noso!”.

O corpo de bombeiros de Vigo convocou a toda a cidadanía a través dun cartel que dicía: “Convocamos a toda a cidadanía para buscar solucións e evitar que volva repetirse o do pasado fin de semana. Escoitaremos a expertos e afectados para esixir máis medios, máis educación e máis prevención para evitar que volva arder o monte”.

Interviñeron persoas relacionadas co sector da extinción de lumes, caso dun portavoz dos Bombeiros de Vigo, un brigadista de Seaga, unha activista dunha plataforma ecoloxista e un enxeñeiro de montes. En xeral, propuxeron revisar o modelo de xestión do monte, con maior prevención integral dos bosques durante todo o ano e un sistema de emerxencias prestado por servizos profesionalizados.

O corpo de bombeiros de Vigo tamén o ten claro e sitúanse en contra da lei de depredación forestal e alentaban á manifestación que á mesma hora da concentración de Vigo estaba a realizarse en Santiago de Compostela ao respecto da devandita lei.

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

2 Respuestas a "Rexorde un 15M convertido en 22O contra os lumes en Galicia con gran presenza en Vigo"

  1. Emilio Maneiro   23/10/2017 at 19:59

    Estiamdo compaeñiro:
    Que se marchou hacia a Xunta despois da concentracion non e certo eu estiven ali e desolveouse ali mesmo na Laxe

    Responder
  2. Noticias Vigo   23/10/2017 at 21:48

    Daba lugar a equivocación e borramos ese párrafo, disculpe Emilio. Saúdos!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.