Ribadumia acolle a exposición itinerante “Descubrindo o rural” do 17 ao 30 de marzo

Publicado por o día 17/03/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Ribadumia acolle a exposición itinerante “Descubrindo o rural” do 17 ao 30 de marzo

O Concello de Ribadumia informa de que dende mañá, 17 de marzo, ata o 30 do mesmo mes o Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá a exposición itinerante “Descubrindo o rural”.

Esta exposición é o resultado do concurso de fotografía organizado dende o GDR Salnés-Ulla-Umia para animar a participación pública e privada no proceso de desenvolvemento e coñecemento do noso rural e que contribúan á conservación e dinamización da nosa contorna.

Os gañadores do concurso nas diferentes categorías foron agasallados con diferentes obsequios así como cunha dotación económica. Ademais de formar agora parte desta exposición que percorrerá os diferentes municipios que conforman o GDR Salnés-Ulla-Umia.

A exposición poderá ser visitada os domingos dende as 18:30 h. Ou calquer outro día chamando previamente o Concello para concertar unha visita no número 986718491/99.