Ribadumia aproba a súa adhesión ó Pacto de alcaldes para o clima e a enerxía e modifica os fraccionamentos na ordenanza de recadación

Publicado por o día 08/11/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Ribadumia aproba a súa adhesión ó Pacto de alcaldes para o clima e a enerxía e modifica os fraccionamentos na ordenanza de recadación

O concello de Ribadumia informa que na tarde de onte tivo lugar unha sesión ordinaria do pleno municipal na que se trataron os puntos da orde do día os seguintes:
Por unha banda, tomouse o acordo plenario unanimidade a favor de todos os grupos representados da adhesión de Ribadumia o Pacto de Alcaldes para o clima e a enerxía, o que sitúa o seu municipio entre as preto de 10.000 administracións a nivel mundial que traballan en conxunto por un futuro sustible, onde a visión común que dirixe as accións e afrontar os retos da mitigación do cambio climático, adaptación e enerxía sostible, tratando así de tomar medidas concretas a longo prazo que garantan un entorno estable dende o punto de vista económico, social e medioambiental para as xeracións actuais e futuras.

O seguinte foi a aprobación das modiciacións tanto na ordenanza da Escola de Ocio como na do Plan Madruga para recoller algunha das demandas feitas polos usuarios así como para corrixir deficiencias detectadas polos técnicos do concello, por exemplo o novo horario, os prazos de cobro, o cómputo de irmáns para establecer o prezo, a documentación precisa para a reserva de praza ou determinar quénes poden ser beneficiarios deste servizo.

En canto as modificacións na ordenanza de recadación, tamén aprobadas por unanimidade da corporación municipal, estiveron centradas nos fraccionamentos de cara a engadir cambios en beneficio de todos os veciños de Ribadumia e que veñen sendo demandados no servizo de recadación municipal durante os pasados meses. Esta actualización da normativa ven a buscar o facilitar os veciños o pago dos impostos municipais.