O Concello de Ribadumia informa de que o sábado 13 de outubro é o día elixido finalmente para a celebración da III Festa do Deporte do municipio. A gala, programada nun principio para o 29 do presente mes, muda de día tras un acordo coas entidades deportivas do municipio.
O resto do calendario, pola súa banda, continúa como estaba previsto. E é que esta mesma semana o xurado, conformado por membros do Concello, das entidades deportivas e dos medios de comunicación da comarca, foi convocado para a valoración de méritos das candidaturas propostas e a elección dos finalistas a Mellor Promesa de Ribadumia, tanto masculina como feminina; mellores deportistas do municipio, tamén en ambas categorías; mellores deportistas masculino e feminino pertencentes a un club do concello; mellor equipo, tanto de homes como de mulleres; mellor club e mellor adestrador; mérito deportivo, medios de comunicación e patrocinadores.
Deste xeito, o vindeiro 13 de outubro daranse a coñecer os galardoados desta terceira edición dunha festa coa que o Concello busca recoñecer ós e ás deportistas e entidades que, co seu traballo e esforzo diarios, promoven os valores do deporte e levan o nome de Ribadumia alí por onde pasan. A gala terá lugar a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.