Ribadumia di adeus ó verán coa clausura dos “Xoves animados” e as “noites de verán”

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Ribadumia di adeus ó verán coa clausura dos “Xoves animados” e as “noites de verán”

O Concello de Ribadumia informa que esta semana chega a clausura de dúas citas moi esperadas no verán do municipio como son os “Xoves animados” e as “Noites de verán”.

Ambas citas veñen a por diversión o ocio de nenos e maiores durante a épocas estival con diversas actividades culturais entre as que se atopan obradoiros, música ou cine.

Así este xoves día 29 de 19 a 20 horas chega a festa da escuma dirixida o público infantil, para poñer o mellor dos broches finais a actividades dos “Xoves animados”, onde os nenos puideron desfrutar de talleres de manualidades, pallasos, e inchables de auga por exemplo.

Xa o venres chega o momento de dicir adeus as “Noites de verán” cunha despedida ata o próximo ano a ritmo de música. Será o grupo Fora de Ser Vicio co concerto “Rock diverso” os encargados de poñer o broche final as 22:30 horas do venres día 30 de agosto na Praza do Concello. O mesmo será con entrada de balde.

Ribadumia di adeus así a programación do verán para comezar xa a traballar nunha nova programación para o Auditorio e dar resposta así as demandas culturais ó longo de todo o ano.

Animamos así a todos os veciños e visitantes a disfrutar desta oferta durante o xoves e venres desta semana, pero animando a que disfruten tamén doutras actividades programadas en Ribadumia para a fin de semana como a Festa de Fin de Verán ou a Romaría de Santa Baia de Ribadumia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.