Ribadumia finaliza os actos de conmemoración do Día da Muller cunha Gala homenaxe

Publicado por o día 17/03/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Ribadumia finaliza os actos de conmemoración do Día da Muller cunha Gala homenaxe

O Concello de Ribadumia informa que mañá as 19 horas no Auditorio de Ribadumia terá lugar a Gala da Muller Traballadora.

Este ano será Dona Palmira Piñeiro Martínez a homenaxéada en nome de todas as mulleres de Ribadumia. Un exemplo de muller traballadora e que supo superar os reveses da vida.


O acto rematará coa actuación das pandereteiras As Tintas e a representación da obra teatral “Pequenos pasos” interpretada polo grupo de teatro Salcedo Norte, onde nos mostrarán a historia dunha mestra xubilada do rural que lle conta á súa neta o seu labor a prol da igualdade xunto cun grupo de mulleres de aldea na segunda metade do século XX.

A partir das 19:00 horas, todos os que o desexen poderán acudir ao Auditorio de Ribadumia e participar no acto, así como no espectáculo posterior, con entrada libre e para público adulto.

E como peche de todos os actos realizados en conmemoración do Día da Muller Traballadora, todas as donas que se acheguen ó Auditorio recibirán un agasallo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.