Ribadumia inviste 9000 € en renovar o equipamento audiovisual do auditorio

Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia,Ribadumia

Ribadumia inviste 9000 € en renovar o equipamento audiovisual do auditorio

O Concello de Ribadumia informa que nestes días foi instalado o novo equipamento audiovisual no Auditorio de Ribadumia, o cal ven a renovar e mellorar o anterior.

O equipo instalado consta de un proxector complementado cunha lente de media distancia e un novo soporte.

A isto hai que engadir un ciclorama (pantalla ran formato 12×8 metros), o cal vai mellorar moito a proxección, por exemplo os días de cine no auditorio, a cal tamén cabe dicir é unha das actividades máis demandadas na programación. Esta mellora vaise ver reflexada en que a pantalla de proxección ocupará toda a parede de fondo do esceario, non vendo os cortes do revestimento como ata agora.

Para esta adquisición o Concello de Ribadumia investiu arredor de 9000 €. Inversión precisa para mellorar o servizo que o Auditorio de Ribadumia presta tanto as entidades do propio municipio, como a todos os veciños e veciñas e todos aqueles que domingo tras domingo se achegan ata Ribadumia para disfrutar da programación trimestral.

Seguindo esta actuación a liña das melloras continuas que se realizan dende o concello e dende o equipo de goberno, onde o principal obxectivo é sempre ofrecer un mellor servizo os veciños e que poidan disfrutar así das mellores condicións en cada unha das instalacións, xa non só para a programación de espectáculos, se non para cursos formativos ou xornadas que se levan a cabo.

Así este equipo de audiovisual está xa listo para acoller a xornada que a Real Academia Galega vai impartir o próximo día 19 de decembro no Auditorio de Ribadumia sobre a toponimia.