Ribadumia, parada para centos de peregrinos no seu Camiño de Santiago pola Variante Espiritual

Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Ribadumia, parada para centos de peregrinos no seu Camiño de Santiago pola Variante Espiritual

O Concello de Ribadumia informa que estas semanas está a ser un punto clave no decorrer de centos de peregrinos de cara a Santiago de Compostela.

Numerosos peregrinos, nesta ocasión andaluces, déronse cita nas instalacións do municipio ribadumiense para poder repoñer enerxía para continuar co Camiño de Santiago na súa Variante Espiritual.

O primeiro grupo visitou Ribadumia o pasado 25 de xullo e estaba formado por 200 xoves de entre 18 e 30 anos de idade, procedentes de Sevilla.

No día de onte foi un grupo que comprendía máis idades, formado por preto de 100 persoas que alabaron a riqueza do noso entorno natural e a fermosura das paraxes que se están a atopar ó longo das etapas que conforman a Variante Espiritual.

Pola importancia que supoñen para un municipio pequeno como Ribadumia estas visitas, o alcalde David Castro quixo no día de onte saudalos e intercambiar con eles impresións sobre as etapas que están a realizar e a imaxe que levan as nosas vilas, así como convidalos a que nos visiten en futuras ocasións con máis tempo para disfrutar do noso patrimonio cultural e gastronómico.

Estas visitas mostran a importancia do labor de promoción que se está a levar no Salnés e en Ribadumia para promocionar a Variante Espiritual e o Camiño Portugués de cara a Santiago de Compostela.