Ribadumia recibe máis de 5.000 € do Plan Concellos para o subministro de taboleiros informativos

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Ribadumia sitúase nun 17.44 %, representando un investimento na vila de 139.235,75 €
Publicado por o día 06/06/2018 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Ribadumia

Ribadumia recibe máis de 5.000 € do Plan Concellos para o subministro de taboleiros informativos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Ribadumia ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 5.021 euros para o subministro de taboleiros informativos.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello da comarca do Salnés. En concreto, 8.762,25 euros na liña 1 para o financiamento de Ribadumia en Rede.

Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 20.000 € na liña 2 para a exaltación do viño autóctono na XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e para a programación do Auditorio Municipal Sta Baia Ribadumia 2018. E tamén, outros 105.452,79 € foron destinados á contratación de 12 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 139.235,75 € do total destinado a Ribadumia, isto é, o 17.44 %.