Rick Astley e a Coral Casablanca, os concertos desta fin de semana en Castrelos

Os concertos no emblemático auditorio ao aire libre continúan este venres ás 23 horas co británico Rick Astley e o sábado, coa tradicional actuación da Coral Casablanca. O luns, o antigo membro de Supertrump, Roger Hogdson, encherá Castrelos.
Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Rick Astley e a Coral Casablanca, os concertos desta fin de semana en Castrelos

Os concertos no emblemático auditorio ao aire libre continúan este venres ás 23 horas co británico Rick Astley e o sábado, coa tradicional actuación da Coral Casablanca. O luns, o antigo membro de Supertrump, Roger Hogdson, encherá Castrelos. 

O alcalde volveu invitar á cidade a acudir a Castrelos e presenciar o “gran concerto” que ofrecerá Rick Astley, actuación para a que aínda é posible conseguir pases para a platea. O sábado, e sen necesidade de reserva, o tradicional concerto da Coral Casablanca no auditorio de Castrlos. Ambos serán ás 23 horas.

De cara á próxima semana, o luns Roger Hogdson volve a Vigo, desta volta en Castrelos. O xoves 1 de agosto actuará a banda de Jared Leto, Thirty Seconds to Mars, e o próximo venres 2 de agosto, triple concerto a cargo de Furious Monkey House, Xoel López e Vetusta Morla. A próxima semana tamén comezará a programación en Castrelos para o público familiar e infantil, con Chumi Chuma o martes 30 de xullo.