Riescontrol, firma do Grupo Alvariño especializada en mediación de seguros privados para particulares e empresas, amplía a súa rede de partners coa apertura dunha nova oficina en Marín. A delegación, situada na rúa Concepcion Arenal 119, opera da man do seu colaborador Noroestoe Xestión e Mediación S. L.
Con esta apertura, a Correduría de Seguros do Grupo Alvariño consolida unha estratexia de expansión na que aposta pola proximidade os seus servizos ao cliente a través de oficinas de proximidade, cunha ampla presenza xa na provincia de Pontevedra e que irá estendéndose ao resto do territorio galego. A firma dispón actualmente de oficinas satélite na Guarda (2), Tomiño, Porriño, Marín, Moaña, Vilanova, e Avión, ademais da sede central en Vigo.
Sobre Riescontrol
A actividade de Riescontrol está centrada na mediación de seguros privados para particulares e empresas, con máis de 20 anos de experiencia no sector e máis de 15.000 clientes, sendo tamén especialistas na xestión de riscos industriais.
Sobre o Grupo Alvariño
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.