O novo subdirector de Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo, Roberto Devesa González, incorporouse hoxe á dirección da Área, unha vez oficializado o seu nomeamento.
O doutor Devesa é especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, e nos dous últimos anos viña desenvolvendo o posto de xefe do servizo de Atención Primaria de Redondela.
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, iniciou a súa traxectoria profesional nas Urxencias Sanitarias de Galicia-061, onde ademais da actividade propiamente asistencial, ocupou diversos cargos como médico coordinador e xefe de Sala.
Posteriormente, desenvolveu a súa actividade como médico de familia no centro de saúde de Redondela, para pasar logo a ocupar a xefatura dese servizo de Atención Primaria.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.