Rolda de Prensa sobre o conflito da rotonda da Asamblea Aberta de Coia

Publicado por o día 09/01/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Parroquia Cristo da Victoria,Social

Rolda de Prensa sobre o conflito da rotonda da Asamblea Aberta de Coia

A Asemblea Aberta de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos de urxencia unha Rolda de prensa nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(r/Baiona 9 baixo – Coia) ás 17h30 para valorar as detencións de tres persoas vinculadas ao noso colectivo, dar conta do sucedido e denunciar o crecemento das dinámicas de represión inxustificada que estamos a padecer..

– O día 15 de decembro foi detido un rapaz do noso barrio por un presunto delito de atentado á autoridade, dándose a circunstancia de que nin sequera se atopaba no lugar dos feitos.

– O día 7 de Xaneiro outro compañeiro, Xurxo, foi acusado falsamente por feitos similares

– No día de hoxe consumouse unha terceira detención polos feitos do día 15. Novamente, ao noso compañeiro Diego impútanselle delitos de atentado e lesións. Estas acusacións carecen de todo fundamento.

Contra o que D. Abel Caballero está a dicir, esta Asemblea vén dende a súa constitución empregando únicamente medios pacíficos de presión e protesta. Esa é a nosa opción e nela nos mantemos.

NOTA PRENSA ASAMBLEA ABERTA DE COIA