Rolda de prensa en Vigo do deputado de AGE, Ramón Vázquez

Publicado por o día 23/04/2014 na sección de Anova,Esquerda Unida,Política

Rolda de prensa en Vigo do deputado de AGE, Ramón Vázquez

ROLDA DE PRENSA de Ramón Vázquez e Blanca Fernández

Día: 24 Abril

Hora: 12:00 hs

Lugar: Sede Comarcal de EU (Porta do Sol nº 11 Bis, entrechán)

Ramón Vázquez deputado no Parlamento Galego por AGE, portavoz de AGE en Educación e Coordinador da Área de Esquerda Unida de Educación, intervirá:

 Explicando as propostas educativas desenvolvidas por AGE no parlamento galego: gratuidade de libros de texto, extensión do funcionamento dos comedores nos periodos estivais, paralización do desenvolvemetno da LOMCE, etc…
– Presentando as xornadas sobre Educación que sesenvolverán á tarde na Galería Sargadelos e nas que intervirán os colectivos sociais da cidade de Vigo en relación a como parar a LOMCE e que modelo educativo queren construir.

Blanca Fernández, Secretaria de Organización da Agrupación Comarcal de EU de Vigo presentará a Ramón Vázquez.

XORNADA SOBRE EDUCACIÓN: Como paramos a LOMCE? Que modelo educativo queremos?

Hora: 19:30 hs

Lugar: Galería Sargadelos (Urzáiz 17, Vigo)

Intervirán:

Manuel Lage, Secretario da Sección de Ensino  de CCOO da Comarca de Vigo

Bertila Fernández, Portavoz de FOANPAS

Rosa Pascual, Integrante da Marea Verde do Ensino

Ramón Vazquez, Deputado de AGE no Parlamento Galego  e Coordinador da Área de Educación de EU

Organiza: Área de Educación de Esquerda Unida Vigo