Román Rodríguez participa na entrega de trofeos d Abanca Galicia Surf Pro

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Deportes,Xunta de Galicia

Román Rodríguez participa na entrega de trofeos d Abanca Galicia Surf Pro

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe na entrega de trofeos do Abanca Galicia Classic Surf Pro na categoría de QS/10.000 masculino que puxo o peche a este campionato, o máis importante de España desta disciplina deportiva, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Durante os últimos 11 días, a parroquia de Pantín en Valdoviño postulouse como un dos mellores escaparates do potencial galego no eido deportivo e a celebración da competición contribuíu a poñer en valor a paisaxe das Rías Altas e á promoción da nosa Comunidade no exterior, grazas á visita de milleiros de persoas procedentes de diversos países así como á retransmisión en streaming das probas. Cómpre destacar que o Abanca Galicia Classic Surf Pro albergou unha das catro únicas probas do campionato mundial absoluto World Longboard Championship, fundamental para a clasificación dos vindeiros Xogos Olímpicos de Tokio.