Román Rodríguez participa no acto ‘Castelao e Prada: Irmaus!’ no que se recordou o vínculo entre ambos intelectuais

Por o 07/01/2019 | Sección: Cultura
Román Rodríguez participa no acto ‘Castelao e Prada: Irmaus!’ no que se recordou o vínculo entre ambos intelectuais

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde no acto Castelao e Prada: Irmaus! no que se recordou, co gallo do 69 aniversario do pasamento de Castelao, o vínculo que gardaban estes dous intelectuais.

Con motivo desta homenaxe, o titular de Cultura destacou que ambos intelectuais foron “galegos que fixeron país desde a Arxentina” e enxalzou a figura de Rodolfo Prada. Durante a súa intervención, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta está a traballar na planificación do programa de actividades co que se conmemorará, no ano 2020, o centenario da Xeración Nós e no que Ourense xogará un papel principal. “Traballamos para facer deste fito algo memorable e á altura do talento dos seus protagonistas”.

A este acto conmemorativo tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ademais, interviñeron Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Ramón Villares, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e académico numerario da RAG, e Luís González Tosar, presidente do Centro Pen Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.