Román Rodríguez preside a primeira xuntanza do grupo de traballo para adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario post covid-19

Publicado por o día 06/05/2020 na sección de Turismo,Xunta de Galicia

Román Rodríguez preside a primeira xuntanza do grupo de traballo para adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario post covid-19

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu esta mañá a primeira xuntanza do grupo de traballo multidisciplinar creado a instancias de Xunta de Galicia para adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario posterior á crise sanitaria. No encontro participaron, ademais da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, representantes de todos os colectivos implicados no feito xacobeo, como as asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local ademais de expertos no ámbito económico, cultural e turístico da Comunidade.

Durante a reunión, o conselleiro agradeceu a dispoñibilidade de todos os membros do grupo e abordáronse diferentes eixos de actuación para facer desta celebración un motor de reactivación dos sectores cultural e turístico de toda Galicia, así como un elemento de dinamización económica, especialmente nas zonas rurais. Neste sentido, o titular de Cultura e Turismo lembrou que o Plan de reactivación aprobado a semana pasada por parte do Goberno galego recolle un investimento de máis de 5 millóns de euros para impulsar este evento como estímulo da economía e o comercio e como axente fundamental á hora de posicionar a marca Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.