Román Rodríguez saúda aos participantes na reunión da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Publicado por o día 25/03/2019 na sección de Turismo

Román Rodríguez saúda aos participantes na reunión da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, saudou esta mañá aos participantes na reunión da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, celebrada na casa consistorial de Portomarín (Lugo).

O titular de Cultura departiu cos presentes sobre a importancia do municipalismo na xestión do Camiño e do traballo coordinado entre as administracións locais para ofrecer a mellor das experiencias aos turistas e peregrinos que percorren as diferentes rutas xacobeas. Tamén puxo o foco na estrutura participativa do Xacobeo 2021, na que se integran os concellos a través do convenio de colaboración coa Fegamp.

Comentar noticia

Your email address will not be published.