Román Rodríguez sitúa a Galicia como referente internacional do turismo de saúde, termal e do benestar

Por o 03/10/2018 | Sección: Turismo
Román Rodríguez sitúa a Galicia como referente internacional do turismo de saúde, termal e do benestar

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, situou a Galicia como referente internacional do turismo de saúde, do turismo termal e do turismo do benestar, tendo en conta que a comunidade achega o 20% da oferta termal de toda España. “Nós non só aportamos cantidade, senón calidade, dado que catro de cada dez balnearios distinguidos coa Q de Calidade Turística en España son galegos”, salientou con motivo da inauguración do congreso da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas, que ten lugar na cidade de Ourense.

Neste sentido, Román Rodríguez lembrou que, dentro de Galicia, a provincia e, en concreto, a cidade de Ourense, destaca de xeito notorio neste ámbito, posto que está considerada como a segunda capital europea do termalismo despois de Budapest.
Así mesmo, puxo en valor o traballo que o Goberno galego está desenvolvendo nesta materia nos últimos anos, como é o Plan Ourense, Provincia Termal, en colaboración coa Deputación provincial; ou o Plan de turismo de saúde e termal de Galicia, que inclúe medidas e accións concretas ata 2019.

Comentar noticia

Your email address will not be published.