Román Rodríguez sitúa o centro superior de hostelería como referente no sector a nivel internacional

O conselleiro de Cultura e Turismo inaugura o curso 2018/19 na escola, á que definiu como un modelo de formación de excelencia e que, ademais, garante altas taxas de inserción laboral tanto en Cociña como en Xestión Hoteleira ​
Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Formación

Román Rodríguez sitúa o centro superior de hostelería como referente no sector a nivel internacional

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou o curso 2018/19 no Centro Superior de Hostelería de Galicia acompañado nesta ocasión pola antigua alumna propietaria e consultora do Restaurante O Croque de Vigo, e do tamén antiguo alumno Santiago Carrera, director dos Paradores de Santo Estevo e Monforte. Participaron no acto conducido polo profesor Andrés Nieto, a Vicerectora de Titulacións da USC; Victoria Otero e a Directora Xeral de Turismo de Galicia; Nava Castro.

O conselleiro definiu o CSHG coma un referente a nivel internacional e un modelo de formación de excelencia, con profesionais altamente cualificados, adaptados aos tempos actuais e que logran colocarse no mercado laboral.

De feito, explicou que o grao de inserción laboral do alumnado que cursa o Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña (de 2 anos de duración) é do 100%. No caso do Diploma Superior de Xestión Hoteleira (de 4 anos de duración), cómpre sinalar que 85 de cada 100 titulados acceden a postos de mando intermedio no sector tras só pasados 10 meses desde o remate dos estudos.

Estes datos, en palabras de Román Rodríguez, demostran que “os estudos de Hostelería son unha porta aberta ao emprego” e que as prácticas que os alumnos do centro realizan por todo o mundo son “unha excelente oportunidade para unha inserción laboral altísima”. A día de hoxe este curso un total de 264 alumnos; no anterior foron 301, dos que 269 fixeron prácticas en cadeas hoteleiras de todo o mundo.

Así mesmo, salientou que, ademais de obter unha formación de excelencia, o alumnado da escola representa a Galicia e á gastronomía galega no estranxeiro.

25 aniversario do centro

Ademais, Román Rodríguez tamén lembrou que o Centro Superior de Hostelería de Galicia estará de aniversario o vindeiro 2019, onde se celebrarán os 25 anos de existencia da escola, “25 anos creando talento”, aseverou. Unha oportunidade que, segundo o conselleiro, axudará a reforzar o vínculo cos antigos alumnos e a optimizar as posición e relevancia deste centro referente e exemplar no ámbito da restauración e no ámbito hoteleiro.