A Rondalla de Pontellas gaña o Corcurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo

Publicado por o día 29/01/2018 na sección de Galicia,O Porriño

A Rondalla de Pontellas gaña o Corcurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo

7.500 persoas, que encheron o aforo preparado para o acto, puideron ver este domingo no IFEVI como a rondalla de Pontellas se levaba o primeiro premio do Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.

A calidade das dez formacións participantes foi altísima e, ademais de composicións tradicionais, foron quen de atreverse con temas dos Beatles, unha música que non faría estraño que o propio capitán Sparrow estivese entre o público, a banda sonora de Piratas do Caribe’, ou a de ‘Star Wars’.

Finalmente foi a forza a que acompañou á rondalla porriñesa que conqueriu o maior número de votos do xurado, por diante de Santa Eulalia de Mos e a Rondalla de Vincios, que obtivo a terceira praza nunha xornada para non esquecer.