Rosa Cano continúa cultivando éxitos na esgrima nacional e internacional e xa acumula 2 ouros

Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Deportes,Galicia,Vigo

Rosa Cano continúa cultivando éxitos na esgrima nacional e internacional e xa acumula 2 ouros

Tras toda unha vida practicando esgrima, e parando só para coidar ao seu fillo, Rosa Cano é un titán da esgrima viguesa. Acaba de cultivar o primeiro posto no I Torneo Nacional de Veteranos que se celebrou a pasada fin de semana en Madrid. Ouro conseguido tras 5 vitorias e unha derrota na fase de poules, seguidos de asaltos de eliminación directa impecables ata chegar á final, onde bateu a Cristina De Vargas, excampeona do mundo, por 10 tocados a 7.
 
Este triunfo súmase ao primeiro posto alcanzado no I Torneo Nacional de Liga Master celebrado na cidade de Haro (A Rioxa) e ao 3º posto conseguido na I Clasificación Absoluto de Espada (Lugo). Mostrando desta maneira o seu bo momento físico e técnico baixo a dirección de Gabriel Traversa, Monitor Nacional de Esgrima, que dirixe a área técnica do Club de Esgrima Ciudad de Vigo desde hai 2 anos.
 
Internacionalmente, a espadista viguesa competiu no Campionato do Mundo de Esgrima de Veteranos, celebrado no Cairo (Exipto), onde Rosa Cano quedou nun logradísimo 15º posto tras perder contra a finlandesa Tallroth- Kock en oitavos de final. Con todo, Cano venceu á subcampioa de Europa Iliana Bonato en dezaseisavos de final. Ademais, no Celtic Challenge -torneo que disputan unicamente as rexións celtas-, competiu representando a Galicia e tróuxose un merecidísimo ouro na súa categoría, a espada feminina.
 
O próximo obxectivo da esgrimista Rosa Cano é o II Torneo da liga Europea de Veteranos, onde Cano parte entre as favoritas, xa que pelexará por revalidar o pódium do anterior torneo celebrado en Turku (Finlandia), onde cultivou un logrado bronce.
 
Rosa Cano, é unha referente do mundo da esgrima veterana a nivel autonómico, estatal e mundial; gran defensora do deporte feminino, continúa levantando á cidade de Vigo ao redor do mundo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.