Rosa Quintana aplaude a Anmupesca por dar visibilidade √°s mulleres que traballan no mar

Publicado por o d√≠a 06/09/2018 na sección de Mar

Rosa Quintana aplaude a Anmupesca por dar visibilidade √°s mulleres que traballan no mar

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, recibiu esta tarde á nova directiva da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca). Na xuntanza, na que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, a conselleira enxalzou o saber facer das mulleres que forman parte desta asociación.

As√≠, a titular de Mar destacou o labor desta asociaci√≥n que naceu co apoio, promoci√≥n e coordinaci√≥n da Confederaci√≥n Espa√Īola de Pesca (Cepesca) e das administraci√≥ns p√ļblicas e que xurdiu, explicou Rosa Quintana, co fin de aumentar o nivel de representaci√≥n e visibilidade do colectivo feminino. Ademais, a conselleira incidiu na importancia que supuxo a s√ļa creaci√≥n para dar maior visibilidade ao papel das mulleres que diariamente desempe√Īan traballos directamente relacionados coa actividade pesqueira no conxunto do Estado.

A Asociaci√≥n Nacional de Mulleres da Pesca naceu co obxectivo de dar visibilidade ao labor diario das mulleres do mar e incrementar a conciencia social sobre a importancia da s√ļa contribuci√≥n ao sector mar√≠timo pesqueiro. Ademais busca impulsar o seu liderado e participar de xeito activo nos √≥rganos representativos decisorios e consultivos do sector.

A creaci√≥n desta asociaci√≥n, que aglutina a unha ducia de colectivos de armadoras, redeiras e mariscadoras, entre outros perf√≠s femininos de profesionais do sector do mar, conc√≠bese tendo en conta que o programa operativo do Fondo Europeo Mar√≠timo e da Pesca (FEMP) contempla o apoio ao asociacionismo feminino e a creaci√≥n dunha organizaci√≥n de mulleres profesionais do mar de car√°cter nacional que favoreza a s√ļa representatividade.