Rosa Quintana asiste ao acto conmemorativo da volta ao mundo de Magallanes e Elcano, da que este ano se celebra o quinto centenario

Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Galicia,Mar,Vigo

Rosa Quintana asiste ao acto conmemorativo da volta ao mundo de Magallanes e Elcano, da que este ano se celebra o quinto centenario

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe en Vigo ao acto conmemorativo da volta ao mundo iniciada polo portugués Fernando Magallanes e completada polo español Juan Sebastián Elcano, un fito do que este ano se celebra o quinto centenario. No acto inaugurouse un monólito conmemorativo, encargado pola Autoridade Portuaria de Vigo ao escultor José Molares e instalado diante da nave de Portocultura. Esta figura homenaxea a navegantes galegos como Gonzalo de Vigo, o primeiro español en desembarcar na illa de Guam e aprender a súa lingua, un coñecemento que sería moi útil nunha posterior expedición.

“Juan Sebastián Elcano chegaba o 6 de setembro de 1522 a Sanlúcar de Barrameda co que quedaba da tripulación: dezaoito homes, dos que tres eran galegos. A eles é a quen homenaxeamos hoxe coa inauguración deste monólito, co que conmemoramos a súa xesta e o compromiso de Galicia coa Armada española”, explicou a titular de Mar na súa intervención en representación da Xunta, na que tamén trasladou o “cariño e respecto” que as xentes do mar profesan cara esta institución.

Comentar noticia

Your email address will not be published.