Rosario e Fernando, próximo desafiuzamento en Vigo

Rosario e Fernando e os seus dous fillos, de 20 e 21 anos, non teñen ningún tipo de ingresos
Publicado por o día 02/06/2017 na sección de PAH Vigo,Protestas,Social,Vigo

Rosario e Fernando, próximo desafiuzamento en Vigo

Rosario e Fernando e os seus dous fillos, de 20 e 21 anos, non teñen ningún tipo de ingresos. Teñen pedida a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), desde febreiro, pero sempre adoita en demorarse entre seis e oito meses no noso país.

Deixaron de pagar o aluguer e teñen o xuízo para o desafiuzamento o próximo día 2 de xuño en Vigo, onde residen, non hai actualmente vivendas de aluguer social, polo que tería que marcharse a outro municipio, como xa ocorreu noutros casos.

Por unha banda, a filla está a estudar en FP en Vigo. Doutra banda, as oportunidades laborais son moito maiores quedándose na cidade.

Destacamos e esperamos que o Xuíz o teña en conta que esta familia foi denunciada por só recibos de Luz cando foi denunciada por primeira vez, din desde a plataforma de afectados pola hipoteca (PAH),  agora a situacion laboral empeorou as cousas.

Na mañá de hoxe a Pah e outros colectivos da cidade concentraronse diante dos xulgados as 12h, desde a mesma plataforma din que non é de recibo que lle dean un Cheque social que non cobre nin os gastos, pretendemos que se paralice o desafiuzamento ata atopar unha alternativa habitacional en Vigo, así como acelerar o proceso de cobro da RISGA e das axudas ao aluguer da Xunta.

Os servizos sociais do concello déronlles cita para DESPOIS DO XUÍZO, a persar de pedila hai máis de dous meses. Por descontado, ninguén lles aluga unha vivenda, porque non poden facer ningun tipo de aval, ademais dos prezos que se baixasen na nosa cidade seria outro cantar.

 

A PAH di que un cheque social non é unha solucion para esta familia, que en Vigo alugar é carisimo, non é normal que para conseguir algo haxa que montar estes circos mediáticos para que se solucionen as cousas, a pobreza se esta estigmatizando.

A plataforma na rolda de prensa diante dos xultados se lembraron dos compañeiros que levan máis de 100 días Acampada Contra a Pobreza ubicada na praza do Rei.

A PAH se aventura a decir que espérannos anos moi difíciles cos desafiuzamentos de aluguer. Non puxeron nin a Xunta nin o Concello mais que folios de mensaxes valeiros.

IDEAS CENTRAIS

En ningún lugar de España hai tantas vivendas baleiras por habitante como en Galicia. Segun o último censo rexistrado polo Instituto Galego de Estatística, 300.000 vivendas dos 1,6 millóns que hai rexistradas en Galicia, están desocupadas, o 18,6%. No inicio deste marzo de 2017 o rexistro que recolle en Galicia as solicitudes de vivenda protexida reflectía un total de 12.880 inscricións.

Mais O 70% de solicitantes de vivendas protexidas da Xunta desexan vivir de aluguer E dicir estamos diante dunha situación meridianamente clara. A xente quere vivir de Aluquiler e as medidas por tanto deberían ir nesa dirección.

En vigo hai 20mil vivendas baleiras e o propio IGVS recoñece que carece de Vivendas para o Aluguer en Vigo.

Desde a Administración Local foron incapaz de chegar a acordos coas Entidades Bancarias e limítase a dar voltas a un reducido e obscuro número de vivendas que dispón delas con total opacidade.

Desde a Sociedade civil e en concreto a PAH dirixímonos ao Alcade para propoñer diversos acordos en diversos escritos (que por certo ningún publicou a Prensa). Segun A Lei 7/85 Reguladora das Bases do Réxime Local, especifica que os Concellos exercerán en todo caso como competencias propias a avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social. Neste sentido propuxémoslle (ao Concello)

1/ Formalización dun Acordo como o de BURGOS.

2/ A recuperación na Provincia e como presidente da FEGAMP das vivendas dos Mestres, medicos … Así como cando non diriximos en dous escritos entregados por rexistro “desexariamos coñecer o número de vivendas baleiras, de nova construción que hai dentro do municipio de VIGO e principalmente aquelas en as que foron poxadas ou embargadas, polas propias entidades financeiras, a promotores que construíron ambiciosas urbanizacións aproveitando os momentos máis álxidos da burbulla inmobiliaria e que logo quedaron sen financiamento e sen poder sacar ao mercado as vivendas acabadas e que agora terminaron en poder das propias entidades financeiras.

O propio IGVS cifra en máis de 1.500 as familias -con maior ou menor necesidade ou desprotección- que neste momento están a demandar na cidade o acceso a un piso Social. Ademais, e segundo datos do INE, na cidade hai preto de 20.000 vivendas baleiras é dicir agora atopámonos no medio dunha situación esperpentica. O numero de desafiuzamentos non cesa e sobre todo os de ALUGUER pero non só iso é que a maioria dos demandantes de vivenda de protecion quérea en aluguer (DATOS DA PROPIA CONSELLERIA).

O PLAN DE VIVENDABALEIRA DÁ XUNTA

Mostrouse un fracaso, as vivendas adxudicadas nos ultimos casos de Vigo foron de vivenda que xa existían como a de Covelo (nos arredores) que pertencía á partida de casas doadas por ABNCA en Ourense pertencen a VIVENDAS de MESTRES… vennos fume, moito papel, moita prensa pero nada de nada (SON DATOS CONSTATABLES) POR TANTO ESIXIMOS ALTERNATIVA HABITACIONAL PARA ROSARIO E FERNANDO, manifiestan desde a PAH.

Desde a plataforma tamén manifiestan que non van a consentir que se cometa un DESTERRO MAIS na CIDADE DE VIGO, en vigo hai recursos, as administracións teñen que sentar e DIALOGAR e os MMSS temos que estar nesa mediación, engaden.