Roteiro literario “Vigo, peirao Manuel Antonio”

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o roteiro “Vigo, peirao Manuel Antonio”, guiado por Xurxo Martínez González o sábado 10.A través desta actividade preténdese dar a coñecer a figura do poeta rianxeiro e a súa vinculación coa cidade de Vigo. Reserva de praza dende o luns 5 de novembro.
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Roteiro literario “Vigo, peirao Manuel Antonio”

O percorrido incluirá o Paseo de Alfonso (residencia de MA); a Praza de Calatrava, para falar da vida do Vigo mariñeiro e do mundo dos prostíbulos; a Porta do Sol (entrada de Príncipe), coa sombreirería de José Mella, pai de Ricardo Mella; El Pueblo Gallego; estudo de Urbano Lugrís; o Tamberlick e a asemblea nacionalista; o antigo café Derby (no encontro de Príncipce con Urzáiz), onde fixo parladoiro; Marqués de Valadares (casa de Álvaro Cunqueiro), o outro gran poeta das vangardas, que admirou a MA; as Avenidas (bar Puerto), e o seu reflexo no poema Navy Bar; e o espigón, lugar de peche.

Data: sábado, 10 de novembro de 2018

Hora da saída: 11.00 h, dende o Paseo de Alfonso (a carón da fonte).

Reservas de praza: dende o luns 5 de novembro (de 9 a 14.00 h), a través do
teléfono: 986 810 281

Límite de prazas: 50