Roteiro na noite de defuntos en Redondela

Publicado por o día 24/10/2017 na sección de Eventos,Galicia,Redondela

Roteiro na noite de defuntos en Redondela

A Concellería de Turismo dirixida por Teresa París organiza o vindeiro a noite do 31 de outubro un roteiro polas rúas de Redondela. Trátase dun roteiro especial xa que se trata da noite de defuntos polo que haberá sorpresas para todos os asistentes.

Será unha única visita o martes 31 de outubro ás 21:00h, de balde coma sempre e para un máximo de 25 persoas.
Está recomendada somentes para público adulto. Os interesados poden anotarse xa na oficina de turismo ou no 986401713.