O «rotundo éxito» da folga educativa visibilizouse nas «multitudinarias» manifestacións por todo o país

A cidadanía reixeitou as políticas regresivas do PP, especialmente a LOMCE e os recortes

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Escola Viva, Sindicato de Estudantes, IESGA e STEG valoran como un «rotundo éxito» o seguimento maioritario da folga educativa: 63 % entre o profesorado e 90 % no alumnado. En opinión das organizacións convocantes, isto supón un «duro castigo» ás políticas do PP.

A participación na folga visualizouse mellor na «masiva» asistencia ás mobilizacións que percorreron as principais cidades do país, marchas nas cales se viron pancartas e se escoitaron berros contra a LOMCE e os recortes.

As organizacións anteditas agradecen a «alta participación e a implicación das familias» nesta xornada de loita, que alzaron a súa voz para reivindicaren un ensino público inclusivo e de calidade, ben como a derrogación das «medidas regresivas» que o PP impuxo nos últimos anos.

Noticias de última hora en Vigo

CCOO de GaliciaEscola VivaFEsP-UGTIESGASindicato de EstudantesSTEG

SIGUENOS EN TELEGRAM