Rubén Millán e Albert Martín Irán a copa do mundo de Poznan

Por o 11/04/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
Rubén Millán e Albert Martín Irán a copa do mundo de Poznan
Compartir en:
Rubén Millán e Albert Martí, padeeiros do Kayak Tudense Axuda Páramos, foron convocados para disputar a Copa do Mundo que se disputará en Poznan (Polonia) a finais do mes de maio. Ambos formarán parte do equipo español e acudirán á primeira cita internacional da tempada. Tamén Roi Rodríguez logrou clasificarse para a Copa do Mundo en Duisburg (Alemaña).
 
Os controis selectivos que se realizaron en Tragona (Asturias) volveron demostrar o gran potencial do equipo tudense e tres dos seus compoñentes lograron as súas prazas para iniciar as competicións internacionais. Rubén Millán e Óscar Carreira, agora no Ría de Betanzos tras o seu paso polo Kayak Tudense Axuda Páramos, competirán no K-2 1.000 metros. Pola súa banda, Albert Martí será un dos compoñentes do K-4 500 metros. A decisión de que acudan á Copa do Mundo tomárona os responsables deportivos da Federación Española de Piragüismo.
 
Roi Rodríguez estará presente na Copa do Mundo de Duisburg na modalidade de K-1 1.000 metros, na que tamén buscará a praza para os Xogos Europeos. O gran desafío do compoñente do Kayak Tudense Axuda Páramos é poder estar presente nos Xogos Olímpicos de Tokio o próximo ano.
 
O conxunto tudense inicia desta forma unha tempada de competicións que será intensa. O gran desafío é poder ter representación no Campionato do Mundo que se disputará en Hungría a finais do mes de agosto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.