Rubén Pérez destaca a unidade da esquerda que representa a Marea de Vigo ao sumar a Podemos e Equo ao proxecto que comezou hai catro anos con Esquerda Unida e Anova

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, pide nun acto multitudinario o voto para a Marea de Vigo, sobre a que tamén destacou o seu exemplo de construción da confluencia e a unidade
Por o 22/05/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Rubén Pérez destaca a unidade da esquerda que representa a Marea de Vigo ao sumar a Podemos e Equo ao proxecto que comezou hai catro anos con Esquerda Unida e Anova

O candidato á Alcaldía da Marea de Vigo, Rubén Pérez, resaltou hoxe a importancia da unidade que representa esta candidatura, que foi quen de concentrar unha confluencia da esquerda crítica da cidade maior que hai catro anos, coa suma de Podemos e Equo. Lembrou a importarcia tamén de que Esquerda Unida e Anova, despois deste tempo, manteñan a súa capacidade de entendemento e traballo en común.

Rubén Pérez lembrou que, as veces “as maiorías tamén se contrúen con medo e con clientelismo”. Por iso reclamou para a cidade “un escenario de democracia”. Dixo tamén que, no caso do Partido Socialista, “canto maior peso acada, menor é o tamaño do logotipo nos carteis”. Desaparece así “o traballo de moitos militantes socialistas desta cidade que fixeron un traballo por manter os servizos públicos esenciais”.

Pérez referiuse á folga do cadro de persoal de Citröen, que calificou como “histórica”, xa que foi quen de “vencer ao sindicalismo amarelo que fai unha presión insorportable para que os traballadores non fagan folga”, e de “facer algo que tamén fixo a Marea de Vigo: contruir sobre a unidade”.

O candidato da Marea de Vigo fixo referencia aos bombeiros da cidade, dos que unha representación acudiu ao acto. Rubén Pérez lamentouse de que Vigo teña un dos cadros de persoal de bombeiros máis pequeno entre as cidades dun tamaño similar. O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, reclamou un recoñecemento para a militancia de Esquerda Unida, de Anova, de Equo e de Podemos de Vigo, por ter dado un exemplo “construíndo a confluencia e a unidade”.

Pablo Iglesias, que acudiu a Vigo para apoiar á candidatura da Marea de Vigo, manifestou que “estamos máis cerca que nunca de formar parte do Goberno do Estado e de formar gobernos en moitos concellos e nalgunhas comunidades autónomas”. Para Iglesias, remataron os tempos das maiorias absolutas, e “o que vale para o Estado, ten que valer tamén para os concellos: demostramos ser unha forza política de referencia nun novo municipalismo que achege as institucións á xente”.

Oriana Méndez, candidata número dous da Marea de Vigo, referiuse ao proceso que deu como resultado a existencia dunha candidatura de unidade popular en Vigo, con precedentes como o 15 M, os movementos sociais “da xente traballadora fronte á voracidade da banca” ou o feminismo. Neste sentido, suliñou que “as mulleres, cunha man sostemos a metade do ceo, porque coa outra man sostemos o mundo, porque nos queremos vivas e libres”. Oriana Méndez reclamou “unidade, unidade e unidade” para lle dar “a volta á pirámide do Concello de Vigo”.

Xaquín Pastoriza, candidato número tres da Marea de Vigo e secretario xeral de Podemos Vigo, lembrou que “na cidade das luces do Nadal, hai xente que non pode encender a súa calefacción”. Pastoriza dixo que, en contra do que moitas veces din os medios de comunicación, “nesta cidade segue a haber desafiuzamentos, e segue a haber persoas que non poden pagar o recibo da luz, e o acceso á vivende segue a ser poco máis ca unha utopía”.

Pola súa banda, a candidata número cuatro da Marea de Vigo, Estela Miller, que abriu o acto, salientou a necesidade de que sexan as persoas as que estean por diante nas políticas municipais “e non os intereses económicos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.