– Rubén Pérez (Esquerda Unida): O abandono de PEMEX da inversión en Barreras confirma as sospeitas da intención real da compra do asteleiro.
O CANDIDATO DE EU Á ALCALDÍA DE VIGO LEMBRA QUE EN 2013 O GOBERNO RESPONDEU A EU QUEQUE BARRERAS TIÑA QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTABA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO, FEITO QUE IMPOSIBILITA AGORA RETOMAR A PARTICIPACIÓN PÚBLICA ANTE A MALA XESTIÓN PRIVADA.
Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo e candidato de EU á alcaldía de Vigo, considera que un eventual abandono de Pemex das inversións no asteleiro obriga ao goberno a dar a batalla por un sector naval público recuperando asteleiros privatizados e que xa non pode o goberno ampararse no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”
Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.
O coordinador local de EU lembra que EU considerou en 2013 “indignante” que a solución que a Xunta para un asteleiro que no seu día foi público fóra a venta a unha multinacional mexicana da que “non se coñecía máis interes que apropiarse do know-how da construcción naval”
ESQUERDA UNIDA sigue defendendo que, ao igual que Francia e Holanda, teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”.
PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.