Rubén Pérez: “Temos que facer esforzos por un consumo sostible pero cobrarlle 500 litros ao día á cidadanía como consumo mínimo mentres se pide que aforre auga é un insulto”

Publicado por o día 30/10/2017 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Rubén Pérez: “Temos que facer esforzos por un consumo sostible pero cobrarlle 500 litros ao día á cidadanía como consumo mínimo mentres se pide que aforre auga é un insulto”

Para a Marea de Vigo, non é de recibo que un alcalde, ante un grave problema de secase dedique a facer publicidade do que a empresa concesionaria tiña facer por obriga e está a facer coma se dun favor se tratase. Foron moitas as denuncias feitas pola veciñanza (como por exemplo a da rúa Serafín Avendaño) por avarías na rede de abastecemento durante os pasados anos, avarías que, en moitas ocasións estiveron causando fugas de auga que supuxeron un grave estrago de auga, mais é agora, coa seca enriba, cando o alcalde está levando a cabo esta campaña. O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que “este non pode ser o retorno para a cidade dunha prórroga de 5 anos de contrato con Aqualia, unha prórroga na que se consignaban 25 millóns de euros para un plan de investimentosDeses 25 millóns, a meirande parte estase destinando a actuacións que nada teñen que ver coa rede de abastecemento, centrándose ata agora en humanizacións, decoracións, e outro tipo de superficialidades que nada achegaron á rede de abastecemento e dende logo, non supuxeron o arranxo e mellora da mesma”.

Grupo Municipal da Marea de Vigo, fai exactamente un ano, propoñía unha serie de medidas efectivas con respecto ao aforro de auga, das que parte delas parece que o Goberno Municipal introduciu no Plan activado nos pasados días ante a inminente seca. Marea de Vigo valora positivamente a introdución desas medidas, como o arranxo de fugas ou a anulación do baldeo con auga potable, mais hai outro tipo de medidas dentro das propostas pola Marea de Vigo, eenfocadas á cidadanía, que deberían asumirse do mesmo xeito, como son o garantir un consumo mínimo gratuíto, abandonando así o abuso que supoñen os 30 metros cúbicos bimensuais, ou o establecemento dunha tarifa xusta por consumo, penalizando deste xeito os excesos. Alén disto, e como sempre defendeu a Marea de Vigo, cada día faise máis necesario empezar xa o estudo de remunicipalización, para que en 2020 a auga sexa 100×100 pública no Concello de Vigo.

En definitiva, para atallar parte do problema de abastecemento ao que pode verse abocada a cidade de Vigo e dentro das posibilidades reais de remediar parte do problema á marxe das cuestións climáticas, o Goberno Municipal deberíaabandonar as políticas ás que está xogando co xa gran “lobby” no que se converteu Aqualia, sendo esta unha empresaque na actualidade, conta cun gran poder en multitude de concellos e, por extensión, partidos políticos representados.