“Rubial e Almuiña, seguen desmantelando o Hospital do Meixoeiro”

A executiva comarcal da federación de sanidade de CCOO de Vigo ven a manifestar o dito no titular ante a opinión pública
Publicado por o día 11/04/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

“Rubial e Almuiña, seguen desmantelando o Hospital do Meixoeiro”

Na mañán do luns día 10, ás traballadoras da planta 4ª  de hospitalización, lles fué comunicado o peche do servizo  desde o turno de tarde. Co peche desta ala da planta 4ª (a outra xa estaba pechada) e os peches da terceira na súa totalidade e dun ala da 6ª planta, xa son 150 as camas pechadas no Hospital do Meixoeiro. É dicir medio hospital pechado de camas, sin unidade de críticos e cun servizo de raios cada vez mais obsoleto e sin recursos.

Nesta caso a situación, agrávase pola data e o perxuicizo en días e en remuneración das traballadoras. Compañeiras que tiñan turno de traballo establecido nesta semana santa con festivos e domingo, cambiamlles as quendas de traballo de forma discrecional e en moitos caso perdendo os cartos da festividade e por riba debendo días según o criterio da dirección. Nin tiveron o mínimo respeto de avisarlles con tempo, para planificar con tempo alternativas ante a modificación unilaterar das quendas e días de traballo. CCOO, esixe a inmediata dimisión da directora de enfermería e do seu ineficaz equipo.

CCOO, estuda a posibilidade de interpoñer demandas por estes casos que entendemos arbitrarios e contrarios a dereito.

Comisións Obreiras, quere recordar as promesas electorais de Almuiña cando reuniuse ca Xunta de Persoal o pasado 30 de agosto e prometeu solucións inmediatas para o Meixoeiro, recoñocendo que tiñan que incrementar a complexidade das patoloxías tanto cirúrxicas como médicas. Naquel intre, xa os sindicatos criticamos a non concreción nin de prazos nin de recursos.

CCOO, denuncia non só o incumprimento, senon o deterioro do hospital noutros temas como o desmantelamento no servizo de radioloxía.