O Russian Classical Ballet interpretará Quebranoces en Afundación

O día 7 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo e o 8 na Sede Afundación de Pontevedra, en ambos casos, ás 20.30 h.
Publicado por o día 05/01/2017 na sección de Cultura,Vigo

O Russian Classical Ballet interpretará  Quebranoces en Afundación

Afundación acollerá nas cidades de Vigo e Pontevedra o espectáculo de ballet, Quebranoces, de man da compañía de ballet Russian Classical Ballet, con libreto de Marius Petipa y Vasili Vainonen, adaptando o conto de E.T.A Hoffmann. A función terá lugar o día 7 de xaneiro, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o día 8 na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4), en ambos casos, ás 20.30 h. A representación está estruturada en 2 actos e intervirán nos papeis protagonistas: Evgeniya Bespalova, como Clara, e Denis Karakashev, como Príncipe Quebranoces. As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: en Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

O BALLET

Baseado no conto, O Quebranoces e o Rei dos Ratóns, de E.T.A. Hoffmann, o ballet conta a historia dunha nena que soña cun Príncipe, o Quebranoces. Nunha feroz loita contra o Rei dos Ratóns, o Quebranoces, atópase en grave peligro. Clara, vencendo os seus propios medos, entra neste enfrontamento e lanza o seu zapatiño aniquilando á terrible criatura e rompendo o feitizo; o Quebranoces transformase nun aposto Príncipe. A noite xeada cubre a cidade, caendo copos de neve. O Quebranoces leva a Clara ao seu reino, o Reino dos Doces, onde a Fada de Azucre comparte ledicia e larpeiradas con todos os nenos que, como Clara, aínda teñen a capacidade de soñar.