Ruta das “Tapas 5 estrelas”

Dende o Concellaría de Promoción Económica, en colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), están organizando a 2ª edición da ruta “Tapas 5 estrelas” e por iso convidan a todos os establecementos hostaleiros a participar.
Publicado por o día 22/07/2017 na sección de Bueu,Galicia

Dende o Concellaría de Promoción Económica, en colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), están organizando a 2ª edición da ruta “Tapas 5 estrelas” e por iso convidan a todos os establecementos hostaleiros a participar.

Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida. Os/as que completen os cinco selos, sendo todos eles de distintos establecementos, entrarán no sorteo dunha cea para dúas persoas nun dos locais participantes.

Debido a motivos de imprenta o prazo límite para de inscrición o LUNS 24/ 07/2017 é inamovible. Para anotarse ou obter máis información poderedes facelo por correo electrónico en [email protected] , no teléfono 986390029 ou ben de xeito presencial no Concello de Bueu.