Ruta primavera da cultura enerxética remata este sábado en Santiago

Publicado por o 20/04/2017
Ruta primavera da cultura enerxética remata este sábado en Santiago

A ruta Primavera da Cultura Enerxética, coa que Podemos Galicia leva un mes percorrendo o país en defensa dunha transición cara un modelo enerxético máis sostible, rematará o sábado en Santiago coincidindo coa celebración do Día da Terra.

Esta campaña, que comezou o pasado 18 de marzo en Lugo, visitou boa parte das cidades de Galicia tentando amosar un tema diferente en cada unha delas: A enerxía no rural en Lugo; Fogares 100 por cento sostibles en A Coruña; Vivendas Eficientes en Vigo e a Enerxía da Natureza en Ourense, co obxecto de dar unha idea global do que supón a transición enerxética.

A ruta está organizada pola Área de Enerxía da Secretaría de Economía de Podemos Galicia, que convidou a diferentes especialistas e investigadores na materia para demostrar que este novo modelo enerxético non só é unha necesidade senón que, ademais, é viable.

Grande oportunidade

Mudar, lembran dende a organización, significa gañar en calidade devvida, respectar o medio ambiente e acabar co monopolio do lobby dasveléctricas a favor do cidadán e duns prezos xustos da enerxía, entrevoutras moitas das vantaxes que ten o concepto do sostible.

Neste sentido, Podemos lembra que o acceso á enerxía determina ovfuturo dos países e a súa competencia económica e tecnolóxica como ovprincipal factor de competitividade, de aí que a transición enerxética sevpresente como unha grande oportunidade para Galiza e para ovEstado.

O sábado, de feito, o peche da ruta centrarase en abordar estesvaspectos, en explicar cómo o cambio tecnolóxico que supoñen asvrenovables, por exemplo, representa unha oportunidade inestimablevpara contribuír ao cambio de especialización produtiva que necesita avnosa economía para a xeración de emprego, a loita contra o cambio climático e o avance na democratización e transparencia.

Convidados

Como nas anteriores paradas, nesta ocasión se suman á campaña importantes e cualificados nomes do mundo das enerxías renovables e activistas dun novo modelo enerxético. Son os seguintes:

Cote Romero, directora de Ecoo, membro fundador da Plataforma Por Un Nuevo Modelo Energético, e vogal da Fundación Renovables.

Ademais, é coordinadora do libro “Alta Tensión. Luchando por un Nuevo Modelo Energético”, e publicou diversos artigos sobre pobreza enerxética, enerxía e os dereitos humanos. Falará sobre a democratización enerxética, de como todos debemos tomar conciencia sobre a enerxía que consumimos e sobre que pasos debemos dar para poñer o noso graniño de area.

Alba del Campo, coordinadora da Mesa da Transición Enerxética de Cádiz e asesora do grupo político Sí Se Puede Cádiz. Ademais, é periodista e directora do documental OligopolyOF. Ela falaranos sobre as políticas enerxéticas municipais que xa se están a facer, sobre o bono social e soberanía enerxética.

Oscar Nogueira é voceiro de Agaen – Clúster galego do autoconsumo e da eficiencia enerxética. Falaranos das posibilidades do autoconsumo en Galicia e das trabas lexislativas que o goberno central está a poñer como o famoso “imposto ao sol”.

Luis Diaz Allegue é enxeñeiro químico superior, e traballa no Instituto de Enerxía Solar como investigador. El falaranos das principais razóns para acometer o cambio de modelo e fará de moderador da charla.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá