Concerto solidario coas detidas e multadas na rotonda de Coia

Publicado por o día 23/04/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

Concerto solidario coas detidas e multadas na rotonda de Coia

A Asemblea Aberta de Coia, co apoio de Distrito 9, organizamos un CONCERTO SOLIDARIO coas PERSOAS DETIDAS e MULTADAS na LOITA da ROTONDA de COIA Será o SÁBADO 25 de abril a partires das 20:00 no local que Distrito 9 ten no camiño Figueirido 89 en Coia (Vigo). A música a porán os grupos: Zangief, Sesións HALO, Camarada Nimoy, Family Folks e O Peque Figueroa.

A entrada é de 4€, e todo o recadado vai para a causa da rotonda. As entradas estarán a venta antes do concerto no local de Distrito 09.

Meses de loita desobediente e pacífica en contra da instalación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia trouxeron por parte do goberno municipal: represión, violencia e multas económicas. A estratexia repetida en demasiados puntos do territorio é sinxela, tratar de acalar as protestas lexítimas e necesarias a través do medo e da represión dos aparatos do estado.

No caso de Coia as consecuencias polo momento son: dous detidos, varias persoas multadas e varias ameazas de novas sancións. Polo momento o custo en euros supera os 1100€, pero sospeitamos que non ficará aí.

Por isto pedimos solidariedade e o facemos con música. Arte ao servizo das necesidades dun barrio, que como tantos da cidade, sofren o empobrecemento crecente.

Para aquelas que poidan apoiar economicamente a nosa causa o poden facer realizando un ingreso nesta conta: ES 96 2100 4831 90 2200066357

PRENSA ASAMBLEA COIA