A iniciativa gastronómica, impulsada polo departamento de Turismo, contará cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar por un prezo único de 18 euros.
O menú por persoa constará dun primeiro prato a elixir entre caldo ou empanada, e un segundo composto por lacón con grelos, patacas e chourizo, amais dunha sobremesa típica destas datas: filloas ou orellas de Entroido. O prezo inclúe o viño e o café.
Os restaurantes adheridos á inicitiva son Arruaz (986 614 571 ), La Pizzicata (986 611 534), Camping Santa Tecla (986 685 461), Novo Funil (986 098 480), O Cangrexa (986 611 107), Xantar (986 611 184) e Xeito (986 610 474).
Recoméndase reservar mesa previamente no restaurante a fin de asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.